O BOLSEIRO DE INGATEX (M. Fernández Mallo)
O BOLSEIRO DE INGATEX
M. Fernández Mallo
isbn 978-84-17393-23-6
296 pág. PVP 17€
O decano de Económicas da Universidade da Coruña morre nun brutal accidente. Guillerme Andrade, bolseiro de Ingatex, acode ao comisario Pardo para denunciar á multinacional galega como causante da morte de decano. A medida que avanza a investigación, os sospeitosos irán multiplícandose. O bolseiro de Ingatex amplía as fronteiras da novela policiaca e penetra nas relacións tantas veces treboentas que se crean entre as grandes empresas e a sociedade. O relato, escrito en clave de parodia, presenta conflitos entre nova e vella política, entre Policía Nacional e Garda Civil, entre bolseiros e altos executivos, e entre o cidadán do común e o criminal. A historia vaise nutrindo de sucesos imprevistos que no conseguirán alterar, sen embargo, o equilibrio imperante na comunidade.