VIÚVAS DE VIVOS E DE MORTOS (Serafín Parcero)

VIÚVAS DE VIVOS E DE MORTOS (Serafín Parcero)

VIÚVAS DE VIVOS E DE MORTOS

Serafín Parcero

isbn 978-84-17393-95-3

244 páx. PVP 16€

 

Dous vellos mariñeiros atopan o cadáver dun home aboiando nas augas do peirao de pasaxeiros de Moaña. Un intrigante suceso que vai quebrar a forzada tranquilidade dos anos da posguerra da pequena vila mariñeira, traendo consigo unha cadea de sorprendentes revelacións que van alterar a vida dos seus habitantes. Especialmente a triste vida de Penélope. Penélope Laura. Laura A tola, viúva de vivo.

    16,00 €Precio