A COVA DOS ENTREGOS (Edu Lorenzo)
A COVA DOS ENTREGOS
Edu Lorenzo
isbn 978-84-17393-70-0
244 pág. PVP 16€
A cova dos entregos fusiona o rural tranquilo cunha urbe chea de vicio, a apacible e rutinaria vida da aldea, onde as inquezas a miudo durmen solapadas polas necesidades básicas, coas trazas de modernidade que se exportan da movida dos '80. Viviremos unha novela onde os protagonistas conflúen a través do traballo diario, do vicio, da maldade, da ignorancia, da morte e da noite, sempre presente nas historias túrbidas. Na obra un pouso de realidade e irrealidade contaminan cada pasaxe e a medida que avanzamos nas liñas, percibimos que nada é tan banal como parece. A embrolla de camiños na que se entrecruzan as personaxes nos irán amosando, moi de vagar, de que están feitas as súas almas.