top of page
A FUXIDA DE ELSINOR (Alberto Rodríguez)

A FUXIDA DE ELSINOR (Alberto Rodríguez)

A FUXIDA DE ELSINOR

Alberto Rodríguez

isbn 978-84-17393-41-0

164 pág. PVP 16€

 

Marcos Leyte, Marley, febril escritor afeccionado e voraz consumidor de rusos brancos, recibe unha curiosa encarga da súa avoa Russula, interna na residencia de anciáns Sor Celestina: debe escribir unha novela chamada A fuxida de Elsinor, a partires dun borrador que subtraeu nos primeiros compases da Guerra Civil ao Comandante Macías, fiel á legalidade republicana, represor do alzamento en Centeais de Arriba e finalmente fusilado polos sublevados. Marley obtén unha bolsa para estudar en Dublín e confía no seu amigo de toda a vida, Edgar Vidal, para que o achegue ao aeroporto. Mais ese día ocorrerá algo que cambiará a vida dos dous para sempre…

    16,00 €Precio
    Página del producto: Stores_Product_Widget
    bottom of page